marcos fan escribió el Lunes 3, de Octubre 2011.
acábase esta temporada...
sólo darvos a gracas por facerme desfrutar tanto!
MARCOS: a alma da orquestra, o teu sorriso e as túas ganas sobre o escenario iluminan e contaxian a toda a festa. segue así!
LUIS: voz prodixiosa, eres para min un dos mellores vocalistas das orquestas, aportas moita calidade á vosa música. espectacular Michael Jakson.
ROSALBA: fixeches que non botara de menos a Tania e iso é moito! Melloraches co paso das semanas e para min, na última actuación que vin en Oines, Arzúa estiveches de sobresaliente.
BAILARINAS: es-pec-ta-cu-la-res. seguro que os vosos bailes levan moitos ensaios pero tamén se nota. Chapó!
ORQUESTA: un por un levaríame moito tempo pero os músicos de Ledicia fan que a orquestra soe moi ben. Felicitacións especialmente ao Saxo.
TOD@S: para o mandamais da orquestra pediríalle que siga teraballando nela. Hai que manter esta dianteira de artistas que levantan día a día a Ledicia, este repertorio fresco e animado e eses bailes e coreografías que superan a todas as outras formacións.
Ademais disto pediría mellorar o apartado técnico con mellor escenario e iluminación.
Xa me gustaría ver a Ledicia no escenario de orquestras tipo París, Philadelphia... entonces si que serían insuperables.
Ánimo para a preparación da nova temporada, se hai algún cambio (que espero que non) espero que sexamos os primeiros en enterarnos a través desta web. Sorte para tod@s, sodes os MELLORES!!!
PD: este ano quedo tranquilo porque poidestedes actuar na miña festa en Andabao, Boimorto... foi impresionante e o voso trato con nós estupendo. |